domingo, 7 de julio de 2013

Un Código Secreto De Escritura- O Nushu





"Leemos en nushu non para a gloria senon porque sufrimos"
Cizhu, 1900. (1)



Mapa coas provincias de China

 Hai 1700 anos na provincia de Hunan en China onde se falaba e escribía en mandarín, as mulleres non eran instruídas. Non podían estudiar, nin aprender. Dado que era unha rexión próspera de agricultores enriquecidos, non era necesario que as mulleres traballasen fora da casa. Os matrimonios concertábanse. Ata ter o seu primeiro fillo vivían cos seus pais, pero posteriormente, as mulleres pasaban a vivir coa familia do seu marido sendo recluídas toda a súa vida. O seu lugar estaba na casa para sempre.


Nesta foto podedes ver a tres mulleres non de moi alta condición social cos 
chamados pes de loto. Parecen que estén en puntillas. É a deformidade das súas extremidades.

Dada esta situación tamén tiñan outro costume: vendar os pes das mulleres para deformalos literalmente e facelos canto máis pequenos mellor. Primeiro, por unha cuestión estética: aos homes gustábanlles os pes pequenos. Segundo por unha cuestión de cercenamento da movilidade da muller: tendo os pes así non poderían ter facilidade de movementos. E para que terían que telos se non tiñan que sair da casa???????


Nesta fotografía podedes ver o pe normal dunha muller e sobreposto a el,
o deforme, unha vez era vendado dende que eran moi pequenas,
 cunha dor casi insoportable. 
Todo con tal de ter posibilidade de casar ben.
Arriba, o zapatiño que utilizaban, tan pequeno coma os dos bebés. Tamén outros exemplos debaixo.


Pois, nesta sociedade extremadamente machista, as mulleres inventaron un código escrito para comunicarse entre elas e só entre elas. Era secreto, aínda que aquí atopei discrepancias entre textos, xa que para algúns autores este código non foi secreto: os homes sabían da súa existencia, pero símplemente veíano como un asunto de mulleres ao que non lle daban a máis mínima importancia. (2).


Ese código chamouse Nu Shu. As letras inventadas polas mulleres foron pintadas en teas, en abanos, e incluso nos corpos das sirventas. Comunicaban todo tipo de sentimentos, de reflexións, de consellos. Foi transmitido de nais a fillas ata que fai algúns anos a última muller que o coñecía morreu.



Abanos escritos en Nu Shu

O costume de queimar estes textos ou enterralos coa muller morta fixo que se perderan moitos deles, pero o interese dalgúns profesores universitarios fixo posible o estudo do Nushu e que non se perda para sempre, algo que, desgraciadamente, é posible que suceda con máis de tres mil linguas no mundo.





" Nin sinais, nin murmullos, nin cartas levadas baixo a enagua, moito menos diarios íntimos, que se escriben só para ser violados.(...) Os homes que lle negaban a escola, lles retaceaban a aprendizaxe do mandarín,  tomábanas por esposas como se toma a terra e plantaban a súa bandeira para despóis deixala aí, ondeando, no deserto dun corpo que se deixa de visitar porque, en definitiva, a tarefa do conquistador é buscar novos territorios. Pero isto era o que crían os vencedores, a pesares de todo, elas crearían a súa propia língua, os seus códigos secretos".  (3)



Eduardo Galeano afirmou: 

" Fai uns 300.000 anos a muller e o home dixéronse as primeras palabras e creron que poderían entenderse. E niso estamos. Niso estamos aínda, querendo ser dous, mortos de medo, mortos de frío, buscando palabras".(4)


Fontes: 


Sobre o Nushu hai unha novela escrita por Lisa See chamado " El  abanico de Seda" que fala precisamente do desenvolvemento desta escritura a partires da viaxe de Lisa See a Hunan para estudiala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario